FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN
Calle Rivas, 25 - 28052 Madrid, España.
CIF número G-80468416
Teléfono 900 11 21 21 - 'www.fundacionlaboral.org'
Inscrita no Rexistro de Fundacións co número 78
1. Términos de uso
2. Política de privacidade
3. Dereitos de propiedade intelectual e industrial
4. Política de cookies
5. Xurisdición e foro aplicable
A presente información legal regula o uso do servizo do web 'www.fundacionlaboral.org' que FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN (no sucesivo `FUNDACIÓN LABORAL`) pon ao dispor dos usuarios de Internet.
A utilización do web atribúe a condición de usuario do Portal (no sucesivo, o 'Usuario') e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal na versión publicada por FUNDACIÓN LABORAL, no momento mesmo no que o Usuario acceda ao Portal. Por conseguinte, o Usuario debe ler detidamente o presente texto en cada unha das ocasións nas que se propoña utilizar o Portal, xa que pode sufrir modificacións.
1. TERMOS DE USO
FUNDACIÓN LABORAL é a sociedade titular do web FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN, así como do dominio fundacionlaboral.org, entre outros.
FUNDACIÓN LABORAL declina calquera responsabilidade no tocante á información que se ache fóra deste web e non estea xestionada directamente polo noso webmaster.
FUNDACIÓN LABORAL resérvase o dereito a levar a cabo o desenvolvemento, a modificación, a exclusión ou a inclusión de textos ou imaxes no desenvolvemento das súas páxinas web.
2. POLÍTICA DE PRIVACIDADE
O Titular garante o cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
Cando lle sexan solicitados datos persoais a través do presente sitio web, o Usuario incorporaraos voluntariamente, e será debidamente informado da identidade do solicitante, as finalidades da solicitude e a lexitimación para o tratamento dos datos, así como da posibilidade de exercer os seus dereitos consonte o disposto no devandito Regulamento (UE) 2016/679 e o procedemento para o facer.
EO Usuario garante que os datos persoais fornecidos son veraces e faise responsable de comunicar á FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN calquera modificación dos mesmos co obxectivo de os manter actualizados. A FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN resérvase o dereito a excluír dos servizos a todo Usuario que fornecese datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.
É preciso cubrir todos os datos solicitados para que os servizos postos a disposición do usuario no presente sitio web poidan prestarse axeitadamente. De non se facilitar todos os datos ou ser estes inexactos, a FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN non garante que os servizos poidan prestarse correctamente ou se axusten ás necesidades do Usuario.
A FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN comprométese a recompilar os datos que sexan estritamente necesarios para levar a cabo o servizo demandado polo Usuario en cada caso, sen os cales non sería posible xestionar a prestación. Así mesmo, a FUNDACIÓN LABORAL DA CONSTRUCIÓN comprométese a cumprir co deber de segredo e confidencialidade no que respecta aos datos persoais fornecidos polo Usuario de acordo coa lexislación aplicable.
Se ten algunha pregunta sobre a nosa Política de Confidencialidade, pregámoslle que se poña en contacto connosco enviando unha mensaxe de correo electrónico a dpd@fundacionlaboral.org. Así mesmo, infórmaselle da posibilidade de pór en coñecemento da Axencia Española de Protección de Datos calquera incidencia sobre o tratamento dos seus datos. A Axencia Española de Protección de Datos ten a función de velar polo cumprimento da lexislación e controlar a súa aplicación. Pode pórse en contacto coa Axencia Española de Protección de Datos a través do enderezo web www.agpd.es ou a través do teléfono 912 66 35 17.
3. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Todos os contidos do web (incluídos, sen carácter limitativo, bases de datos, imaxes, debuxos, gráficos, arquivos de texto, audio, vídeo e software) son propiedade de FUNDACIÓN LABORAL e están protexidos polas normas nacionais ou internacionais de propiedade intelectual e industrial.
As marcas, rótulos, signos distintivos ou logos de FUNDACIÓN LABORAL que aparecen no web son titularidade da mesma entidade e, como tal, están debidamente rexistrados.
Ningún texto, debuxo, gráfico, vídeo ou soporte de audio propiedade de FUNDACIÓN LABORAL poderá ser obxecto de ulterior modificación, copia, alteración, reprodución, adaptación ou tradución por parte do Usuario ou de terceiros sen a expresa autorización por parte de FUNDACIÓN LABORAL, agás que se indique o contrario.
POLÍTICA DE COOKIES
Que son as cookies?
Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu computador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e do xeito en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer o usuario.
Que tipos de cookies utiliza esta páxina web?
Cookie | Tipo | Finalidade |
---|---|---|
is_returning | análise | Recollida de datos estatísticos por CrazyEgg |
acceptCookies | sistema | Estado da aceptación das cookies polo usuario neste web |
_ga | análise | Recollida de datos estatísticos por Google Analytics |
_gat | análise | Recollida de datos estatísticos por Google Analytics |
__utmz | análise | Recollida de datos estatísticos por Google Analytics |
__utmb | análise | Recollida de datos estatísticos por Google Analytics |
__utma | análise | Recollida de datos estatísticos por Google Analytics |
__gads | análise | Recollida de datos estatísticos por Google Analytics |
SID | análise | Recollida de datos estatísticos por Google Analytics |
PREF | análise | Recollida de datos estatísticos por Google Analytics |
NID | análise | Recollida de datos estatísticos por Google Analytics |
HSID | análise | Recollida de datos estatísticos por Google Analytics |
APISID | análise | Recollida de datos estatísticos por Google Analytics |
- Cookies de análise: Son aquelas que, tratadas quer por nós, quer por terceiros, nos permiten cuantificar o número de usuarios e realizar así a medición e análise estatística da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para iso analízase a súa navegación na nosa páxina web, co fin de mellorarmos a oferta de produtos ou servizos que lle ofrecemos.
- Cookies de sistema: Son aquelas que usa o sitio web para acadar un funcionamento axeitado.
As cookies propias do web son tratadas unicamente por FUNDACIÓN LABORAL. No tocante á utilización de cookies por terceiros, consulte esta ligazón, onde pode acceder á política de privacidade destes servizos de Google.
Desactivación ou eliminación de cookies
Pode vostede permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no seu computador.
- Para obter máis información sobre o navegador Firefox, prema aquí.
- Para obter máis información sobre o navegador Chrome, prema aquí.
- Para obter máis información sobre o navegador Explorer, prema aquí.
- Para obter máis información sobre o navegador Safari, prema aquí.
- Para obter máis información sobre o navegador Opera, prema aquí.
O Usuario acepta expresamente, a través da utilización deste sitio, o tratamento da información recollida na forma e cos fins anteriormente mencionados. E así mesmo recoñece coñecer a posibilidade de se negar ao tratamento de tales datos ou información rexeitando o uso de cookies mediante a selección da configuración apropiada para iso no seu navegador, aínda que esta opción de bloqueo de cookies no seu navegador pode non permitirlle o uso pleno de todas as funcionalidades do sitio web.
5. XURISDICIÓN E FORO APLICABLE
Os conflitos que poidan xurdir pola aplicación das presentes normas rexeranse polas leis de España e serán resoltos polos tribunais de Madrid Capital.