Boletín Cotización
Instrucciones para echener o boletín
- (1) Número de inscrición da empresa na Seguridade Social ou número Patronal.
- (2) Número de traballadores que figuran no TC2 da Seguridade Social. Se o pagamento se realiza semestralmente, nº medio de traballadores.
- (3) Base de Accidentes e Enfermidades Profesionais declaradas nos Seguros Sociais (TC2), se o pagamento se realiza mensualmente, ou a suma dos 6 meses se o pagamento se realiza semestralmente.
- (4) Porcentaxe aplicable sobre a base de A.T. e E.P. para obter a cota. Para 2023 esta porcentaxe é do 0,35%.
- (5) Prazo ao que corresponde a liquidación da cota. Se o pagamento é semestral debe abranguer o semestre anterior (xaneiro a xuño ou xullo a decembro). Se é mensual, debe figurar o mes anterior ao que se efectúa o pagamento. Caso de pagárense atrasos, debe abranguer DESDE o primeiro mes ATA o derradeiro ao que corresponda o pagamento efectuado.
- (6) S ou M segundo se decidira (e comunicara previamente mediante carta á FLC) facer o pagamento semestral ou mensualmente.
- (7)
Encher só se o pagamento se realiza fóra do prazo regulamentario, segundo a normativa vixente para a Seguridade Social. O tipo aplicable será o mesmo que aplica a Seguridade Social.